Skip to content

Sentido

    Conciencia sensorial, meditación e movemento

    Niste obradoiro de dous días teremos a oportunidade de explorar, en un fermoso entorno natural, o noso corpo e os outros lugares desde o que podemos habitalo.

    12 e 13 de Outubro 2024

    De 10:00 a 18:00

    Ponte Caldelas (Pontevedra)

    (Envíase ubicación unha vez feita a reserva)

    Prezo do obradoiro 120 €

    Máis info ou calquer dúbida contactade aquí: +34 688962444.

    Hai estudos (cama doble, cociña e baño) e apartamentos (cama doble + sofa cama + cama individual) para alugar a 2km. Podédes velos na web 4soles.net 

    Faise prezo especial para o obradoiro:

    Estudo Kamala, Iris, Dea Dana (Dúas persoas en cama extra grande) 50€/estudo por noite

    Apartamento Amaterasu (Catro persoas: una cama extra grande, un sofá cama e unha cama individual en altillo) 100€/apartamento por noite.

    Para organizar á comida, pensamos que podemos traer para compartir e comer xuntas na mesma casiña

    A viaxe: ese camiño que emprendemos 
    para perdernos… e volver a atoparnos.
     
    O eterno retorno a casa,
    polos laberintos do ventre, 
    da fascia,
    do sangue,
    da carne…

     

    Dende o inicio somos sensación,

    sensación conectada á Unidade,

    logo do Un nace o dous, o tres

    e as múltiples formas.

     

    Medrando imos separándonos,

    damos nome, dividímonos,

    multiplicámonos,

    fixamos maneiras e crenzas,

    volvémonos pequenos.

     

    Pola sensación emprendemos

    o camiño de regreso a casa:

    a certeza de formar parte do Todo

    e ser amados polo Un.

    Esta é unha proposta de investigación no corpo, un espacio de práctica compartida baseada nos traballos de Biodinámica e Body Weather, unha invitación a indagar na meteoroloxía interna-externa, tamén astrolóxica;  habitar o corpo e as súas paisaxes, en vínculo consigo mesmo, cos outros e co mundo.

    INGREDIENTES

    Escoita meditativa: a atención ó momento presente como base e fundamento de toda a práctica. A anclaxe no corpo e no ser.
     
    M&B: Mind and Body, Muscles and Bones. Entrenamento físico a traves de líneas de movemento, con atención ó alineamento e relación co espacio. Desenvolvemos forza, resistencia, elasticidade, coordinación, propiocepción, ritmo, fluxo…
     
    Exploración sensorial: indagar e estimular a propia sensibilidade, recoñecernos en patróns de percepción, recuperar espacios adormecidos ou esquecidos, atoparnos en novos lugares e perspectivas, o outro e a paisaxe como movilizadoes do mundo interno.
    Do espacio sensible ó espacio creativo como progresión natural: descubrirnos na expresión que xurde espontánea cando o corpo se entrega ó impulso da vida que o atravesa.
     
    Manipulacións body weather/ sesión biodinámica: acompañamos ó outro hacia un lugar de reparación,  apertura, integración e descanso.
    Historiadora da Arte e instructora de Ioga.
    Este traballo é fruto de aquelo que foi pousando en ela, das prácticas que lle acompañaron constante ou puntualmente nos últimos 28 anos: Ioga, meditación, Chi Kung da verticalidade interior, Hun Yuan Chi Kung, Body Weather, Morfoanálisis, Biodinámica, AIM (Arquitectura Interna do Movemento), Astroloxía…

    Achegóuse ó bodyweather a través de Hisako Horikawa e Andrés Corchero e á biodinámica con Kiril Yurievich Yarhó.


    A todas as miñas nais, polas Portas de Ferro, Castiñeiras e Carballa.