Conciencia sensorial, meditación e movemento
Niste obradoiro de dous días teremos a oportunidade de explorar, en un fermoso entorno natural, o noso corpo e os outros lugares desde o que podemos habitalo.
12 e 13 de Outubro 2024
De 10:00 a 18:00
Ponte Caldelas (Pontevedra)
(Envíase ubicación unha vez feita a reserva)
Prezo do obradoiro 120 €
Máis info ou calquer dúbida contactade aquí: +34 688962444.
Hai estudos (cama doble, cociña e baño) e apartamentos (cama doble + sofa cama + cama individual) para alugar a 2km. Podédes velos na web 4soles.net
Faise prezo especial para o obradoiro:
Estudo Kamala, Iris, Dea Dana (Dúas persoas en cama extra grande) 50€/estudo por noite
Apartamento Amaterasu (Catro persoas: una cama extra grande, un sofá cama e unha cama individual en altillo) 100€/apartamento por noite.
Para organizar á comida, pensamos que podemos traer para compartir e comer xuntas na mesma casiña
A viaxe: ese camiño que emprendemospara perdernos… e volver a atoparnos.O eterno retorno a casa,polos laberintos do ventre,da fascia,do sangue,da carne…
Dende o inicio somos sensación,
sensación conectada á Unidade,
logo do Un nace o dous, o tres
e as múltiples formas.
Medrando imos separándonos,
damos nome, dividímonos,
multiplicámonos,
fixamos maneiras e crenzas,
volvémonos pequenos.
Pola sensación emprendemos
o camiño de regreso a casa:
a certeza de formar parte do Todo
e ser amados polo Un.
Esta é unha proposta de investigación no corpo, un espacio de práctica compartida baseada nos traballos de Biodinámica e Body Weather, unha invitación a indagar na meteoroloxía interna-externa, tamén astrolóxica; habitar o corpo e as súas paisaxes, en vínculo consigo mesmo, cos outros e co mundo.
INGREDIENTES
Achegóuse ó bodyweather a través de Hisako Horikawa e Andrés Corchero e á biodinámica con Kiril Yurievich Yarhó.

